Axenda

Transilvanians + Cachas & Cousins
sábado 28 xaneiro 2017
Vistas : 47

Cachas&Cousins subirémonos de novo ao escenario da sala sónar para exprimir ao máximo o noso repertorio de clásicos do rocksteady, ska e R&B xamaicano.

Nesta ocasión contaremos coa compañía de unha bandaza, osTransilvanians, unha das bandas de rocksteady, groovy soul, horror-reggae, dub ou r&b xamaicano cun dos directos incendiarios de máis alto octanaxe que se pode atopar actualmente no estado.
Ademais do seu propio traballo, múltiples gravacións e un recente segundo longa duración editado “Echo, Vibes & Fire”, teñen acompañado en directo ou estudio a lendas da música xamaicana como Roy Ellis (a.k.a. Mr. Symarip, co que rexistraron un single en 2012), Winston Francis, Yvonne Harrison ou Roy Panton.

Non vos perdades esta noitaza de rocksteady na capital.

Entradas en A Reixa Tenda e na propia sala Sónar Compostela
Prezo: 6€.

Lugar: Sónar Pub - Santiago de Compostela
Utilizamos cookies

Utilizamos cookies no noso sitio web. Algunhas delas son esenciais para o funcionamento do sitio, mentres que outras axúdannos a mellorar este sitio e a experiencia do usuario (cookies de seguimento). Podes decidir por ti mesm@ se queres permitires o uso de cookies ou non. Ten en conta que, se as rexeitares, é posíbel que non poidas utilizar todas as funcións do sitio.