Axenda

Atlantic Valley + Escafandra
sábado 18 febreiro 2017
Vistas : 82

Sobre Atlantic Valley:
Atlantic Valley nas súas as letras, ao igual que no cántico difónico de Mongolia só falan do que teñen ao seu redor, rotondas, dinosetos, barcos en rotondas, dinosetitos e postas de sol truncadas pola silueta do mamotreto de Toralla.
Parafraseando ao veciño do noso local: "Vou chamar á policía como non vos larguedes".
http://atlanticvalley.bandcamp.com/
https://www.facebook.com/atlanticvalley

Sobre Escafandra:
Estes ourensáns de alto berce e refinadas costumes veñen a Vigo a expoñer a súa tese adornada nas súas propias palabras pola "psicodelia do fume verde da natureza". Que quererán dicir con isto? cecais o sábado 18 as 21:30h teredes unha puntual e inequívoca resposta.
https://www.youtube.com/watch?v=Rzxf0_rMfZg
https://www.facebook.com/escafandrastoner

A entrada ao evento terá un prezo de 4€

Lugar: Distrito 09 - Vigo
Utilizamos cookies

Utilizamos cookies no noso sitio web. Algunhas delas son esenciais para o funcionamento do sitio, mentres que outras axúdannos a mellorar este sitio e a experiencia do usuario (cookies de seguimento). Podes decidir por ti mesm@ se queres permitires o uso de cookies ou non. Ten en conta que, se as rexeitares, é posíbel que non poidas utilizar todas as funcións do sitio.