Axenda

Os Amigos dos Músicos + Xabier Piñeiro
sábado 18 febreiro 2017
Vistas : 84

Os Amigos dos Músicos presentan o seu primeiro disco: un conxunto de cancións nas que xuntan o propio co alleo para dar forma a un discurso fragmentado, no que as distintas voces se van sucedendo, mais no que aos poucos vai emerxendo a coherencia do horizonte.

A banda, que sempre buscou referentes na canción popular galega, establece con este álbum un compás para dirixirse en tal singradura. As coordenadas que, dun xeito simbólico mais tamén obxectivo, marcan Curros Enríquez, Suso Vaamonde, Manuel María e Luis Emilio Batallán son o risón que permite pararse e levantar a vista, mais só para proseguir a viaxe. Unha mostra deste ánimo de descuberta son os seus concertos, nos que Os Amigos dos Músicos presentan o seu amplo rexistro musical a través da sutileza dos cambios de dinámica e a mestura das distintas voces que compoñen a banda.

Para plasmar todas estas voces e ambicións, Os Amigos dos Músicos xuntáronse en distintos momentos dos dous últimos anos nos Estudios A Ponte, en Roxos, Santiago de Compostela, para gravar un disco de produción propia no que contaron con Tomás Ageitos como enxeñeiro de son. As mesturas correron a cargo de Druso L. Pedrouzo e da masterización encargouse Dr Chou. Federico Álvarez realizou as fotografías interiores e María Grande o deseño co que se presenta o álbum nos formatos de CD e LP.

Xabier Piñeiro é un músico lucense que se perde entre a esencia do folk americano e a música nacional, atopando un oco entre Neil Young, Juan Pardo ou Standstill.

Aínda que as súas primeiras cancións estaban cantadas en inglés, foi co castelá e o galego, o seu idioma natal, cando aatopou a súa zona de confort, o que o levou a tocar en tódalas salas da súa cidade, Lugo (Clavicembalo, Zinema, Velvet, Doble Moral, O Mercado Street Food, La Buena Vida…) e incluso alonxarse das murallas para facer ruido por tódala xeografía galega. Nunha ocasión deixáronlle tocar na Sala Siroco de Madrid, anécdota que repite hasta a saciedade.

Aparte do seu proyecto personal, pasou por innumerables nomes artísticos, tamén formou parte do dúo de versións Undercover, tocou o baixo en Musel y na actualidade centra as súas aparicións escénicas en" Lo Horrible y lo Riquiño", un espectáculo de música, literatura e humor absurdo xunto á actriz e escritora Carmen Conde.

Podedes atopar nas entradas en ticketea, en O Mercado Street Food (Lugo) ou contactando con nós. Precio entrada anticipada: 8 euros; na billeteira: 10 euros.

https://www.ticketea.com/entradas-concierto-facela-fest-os-amigos-dos-musicos-lugo/

Xa avisamos que haberá sarao antes do concerto do Clavi, e que haberá festa post- concertos cun invitado moi especial, que anunciaremos nas vindeiras datas.

Grazas a todos!

Lugar: Club Clavicémbalo - Lugo
Utilizamos cookies

Utilizamos cookies no noso sitio web. Algunhas delas son esenciais para o funcionamento do sitio, mentres que outras axúdannos a mellorar este sitio e a experiencia do usuario (cookies de seguimento). Podes decidir por ti mesm@ se queres permitires o uso de cookies ou non. Ten en conta que, se as rexeitares, é posíbel que non poidas utilizar todas as funcións do sitio.