ClubE, o circuito de música galega patrocinado por Estrella Galicia e organizado por Clubtura, chega a Mardi Gras con duas bandas para gozar ata o infinito: Terbutalina e Oh Ayatollah.
Din que ata é pecado mortal perderse este bolo. E con iso dos pecados, nunca se sabe.
Entradas físicas en Rock Box e Ummagumma. Tamén en Entradium.com e na web salamardigras.com