Axenda

Ataque Escampe + Oh! Ayatollah
sexta feira 03 marzo 2017
Vistas : 176

Veñen da capital a roubarnos o noso mojo e facernos bailar e corear, semella un trato xusto...Estas dúas bandas compostelanas farán unha mostra de como vai a cousa no mundo pop-vitalista na capital da choiva.

Seguro que coñeces aos Ataque Escampe. Dando o callo dende o 2006 polos garitos, palcos da orquestra e grandes escenarios, activos dende Discos da Máquina, músicos serios con estudios e referencias, figuras capitais do pop compostelán, van pasando fases e deixando temazo tras temazo, xa sexa soando lixeiros, ledos ou tristóns, dándolle ao disco, soul o que faga falla.
Atentas que están a presentar os temas do que será o seu próximo álbum, mira pa aí:
https://ataqueescampe.bandcamp.com/

E os Oh Ayatollah? Que pasa? Que co seu pop primario, vívido, garageiro e divertido queren enganarte...mira ben, atende...Nas cancións de Oh! Ayatollah hai amor, hai amizade, hai dramas da mocidade e da non tan moza xa mocidade, que xa nos vai tocando. Todo aderezado, ensartado, baseado nunha armazón de pop xuvenil 120% rollo marzo. Remata o inverno!!!
https://ohayatollah.bandcamp.com/

Lugar: Liceo Mutante - Pontevedra
Utilizamos cookies

Utilizamos cookies no noso sitio web. Algunhas delas son esenciais para o funcionamento do sitio, mentres que outras axúdannos a mellorar este sitio e a experiencia do usuario (cookies de seguimento). Podes decidir por ti mesm@ se queres permitires o uso de cookies ou non. Ten en conta que, se as rexeitares, é posíbel que non poidas utilizar todas as funcións do sitio.