Axenda

A Gramola Gominola
sábado 01 abril 2017
Vistas : 169

A Gramola Gominola estrea novas cancións e libro-disco (Colección Sonárbore), así que non vos podedes perder o seu novo espectáculo!!. Será o día 1 de Abril no Auditorio do Pazo de Cultura de Pontevedra, ás 18.30 h da tarde, dentro da programación do Salón do Libro Infantil e Xuvenil.

A Gramola chega con este segundo traballo cheo de cancións para desafinar. Música desenfadada para bailar a ritmo de rock, funk, gospel ou punk. Porque non hai idades nin barreiras para a música......así que a ROCKEAR!!!!!

O prezo da entrada é de 3 euros, e poderase adquirir no vestíbulo do Pazo da Cultura, unha hora antes da función.


Lugar: Pazo da Cultura - Pontevedra
Utilizamos cookies

Utilizamos cookies no noso sitio web. Algunhas delas son esenciais para o funcionamento do sitio, mentres que outras axúdannos a mellorar este sitio e a experiencia do usuario (cookies de seguimento). Podes decidir por ti mesm@ se queres permitires o uso de cookies ou non. Ten en conta que, se as rexeitares, é posíbel que non poidas utilizar todas as funcións do sitio.