Axenda

Ardentía
sábado 11 marzo 2017
Vistas : 52

O sábado 11 de marzo concerto de Ardentía no Var Con Uve.
Ardentía é un grupo de música tradicional galega nacido en Vigo en 1989 e que destaca pola incorporación na súa música dunha serie de instrumentos que non adoitaban estar presentes nas formacións de música folc galega coma birimbau, clarinete ou requinta ademais dos cantos populares interpretados por homes. O grupo leva xa 6 discos no mercado consolidando unha traxectoria sólida. Rumbas, xotas e muiñeiras recolleitas dos mestres gaiteiros da bisbarra de Vigo, sen esquencer os gaiteiros das montañas luguesas e as cantigas de Portugal, conforman o repertorio do grupo, onde tamén hai espazo para temas compostos polo grupo con influencias da tradición. Ardentía componse de: Roberto Cendón, gaita e clarinete; Salvador Pérez, gaita e pandeireta; Cristobal Pascual, tambor e zanfona; Luis Prego Fernández, acordeón, gaita e pandeira e mais Miguel A. González, bombo e percusión.

Lugar: Var con Uve - San Martiño (Moaña)
Utilizamos cookies

Utilizamos cookies no noso sitio web. Algunhas delas son esenciais para o funcionamento do sitio, mentres que outras axúdannos a mellorar este sitio e a experiencia do usuario (cookies de seguimento). Podes decidir por ti mesm@ se queres permitires o uso de cookies ou non. Ten en conta que, se as rexeitares, é posíbel que non poidas utilizar todas as funcións do sitio.