O sábado 11 de marzo concerto de Ardentía no Var Con Uve.
Ardentía é un grupo de música tradicional galega nacido en Vigo en 1989 e que destaca pola incorporación na súa música dunha serie de instrumentos que non adoitaban estar presentes nas formacións de música folc galega coma birimbau, clarinete ou requinta ademais dos cantos populares interpretados por homes. O grupo leva xa 6 discos no mercado consolidando unha traxectoria sólida. Rumbas, xotas e muiñeiras recolleitas dos mestres gaiteiros da bisbarra de Vigo, sen esquencer os gaiteiros das montañas luguesas e as cantigas de Portugal, conforman o repertorio do grupo, onde tamén hai espazo para temas compostos polo grupo con influencias da tradición. Ardentía componse de: Roberto Cendón, gaita e clarinete; Salvador Pérez, gaita e pandeireta; Cristobal Pascual, tambor e zanfona; Luis Prego Fernández, acordeón, gaita e pandeira e mais Miguel A. González, bombo e percusión.