Axenda

XXXI Festival Intercéltico do Morrazo
From sexta feira 24 xullo 2015
To sábado 25 xullo 2015
Vistas : 1083

XXXI edición do Festival Intercéltico do Morrazo, que terá lugar os vindeiros días 24 e 25 de xullo na localidade de Moaña. Á rolda asistiron o concelleiro de Cultura do Concello de Moaña, Salvador Meira; a alcaldesa de localidade, Leticia Santos, ademais de representantes dos grupos que actuarán neste edición.

O edil de Cultura foi o encargado de dar conta dos grupos que participarán nesta edición. Serán Pedraquetiña, o venres 24 ás 23:30 horas e Riobó ás 00:30 horas; e Uxía e Narf ás 23 horas e Roi Casal ás 00.30 o sábado 25. Meira, igualmente, agradeceu o traballo feito, “para realizar este evento tan importante para a comarca do Morrazo”, tanto á empresa organizadora como á Deputación de Pontevedra, indicando que os grupos conforman un cartel, “diversos e atractivo”, á vez que salientou que o deseño gráfico, en cor azul, “que lembra ao mar, ao entorno do Palco da Música de Moaña”, evocando á “Moaña mariñeira”. Pola súa banda, a Alcaldesa, Leticia Santos, indicou que o Concello o que fixo foi “intentar atopar o cartel máis atractivo para difundir o Festival”, que, bromeou, “naceu antes ca min”. “Para nós é un dos elementos de máis relevancia de todo o Morrazo, e agardamos que continúe e nós traballaremos para recuperar a esencia do mesmo”.

Posteriormente foi o turno dos grupos, no que tomou a palabra Mingos Lorenzo, representando a Pedraquetiña, indicando, “o orgullo do grupo por participar neste Festival con repercusión internacional”, lembrando da importancia de poñer en valor a música tradicional galega neste tipo de festivais; Xosé Liz, representante de Riobó, indicou que “el tamén naceu antes do Festival”, dicindo que o FIM, “xa forma parte das nosas vidas” á vez que anunciou a presentación dos temas do disco “Quiral” no propio Intercéltico; pola súa banda, Uxía (de Uxía e Narf) deu a noraboa “pola concepción deste cartel”, e anunciou que aquí tamén presentará, “Baladas da Galiza imaxinaria”, insistindo “en que a música galega é rica porque é diversa, e estamos impactados por vir ata aquí, estamos moi felices”. Para finalizar, o prato forte, Roi Casal, indicou que o Festival Intercéltico do Morrazo naceu para dignificar a nosa música, e para que demostrar que o “noso País produce música punteira”. “Tocar coa ría ao fondo representa a filosofía desta vila”, sentenciou Casal, que fixo o anuncio da participación de Nando Casal ao final da súa actuación, para interpretar algunhas cancións da súa discografía e do seu último disco, “Donos do noso destino”.

Lugar: Palco da Alameda - Moaña
Utilizamos cookies

Utilizamos cookies no noso sitio web. Algunhas delas son esenciais para o funcionamento do sitio, mentres que outras axúdannos a mellorar este sitio e a experiencia do usuario (cookies de seguimento). Podes decidir por ti mesm@ se queres permitires o uso de cookies ou non. Ten en conta que, se as rexeitares, é posíbel que non poidas utilizar todas as funcións do sitio.