Axenda

Canela Cafuné
terza feira 16 maio 2017
Vistas : 129

Nesta velada terá especial protagonismo o G20 xa que ECOAR Global))) participará do contracumio que terá lugar en Hamburgo o próximo Xullo, por iso animámoste a que veñas a colaborar conosco desfrutando do dúo ourensan Canela Cafuné, o recadado irá a favor da Asociación Pepa Loba.

Canela Cafuné é un proxecto de versións que se basea na harmonía de voces con acompañamento de guitarra acústica. O dúo está formado por Éric Dopazo (voz e guitarra) e Marta Bravo (voz). As influencias musicais son moi variadas, pois os gustos dxs compoñentes son diversos. Por un lado atopamos o soul, jazz e lírico dentro dos estilos máis marcados en Marta; complementando a esta escena, Éric aporta a frescura e flexibilidade dunha potente voz que se formou a través do pop, pop-indie e canción de autor/a.

Os vindeiros 7 e 8 de Xullo terá lugar o cumio do G20 na cidade alemá de Hamburgo, un espazo informal e non democrático no que xs líderes mundiais marcaran o rumbo da axenda neoliberal, sen ter en conta os dereitos das persoas nin o planeta.

Neste tipo de foros, onde participan as transnacionais e outros organismos de claro carácter neoliberal (Banco Mundial, FMI...), discútese sobre estratexias que favorezan o crecemento económico sen ter en conta os dereitos das persoas ou a repercusión no planeta. Por isto a sociedade civil organizada, vai opoñer as súas reivindicacións organizando un contracumio en Hamburgo, no que se proporán alternativas ás políticas neoliberais. Dende a diversidade e a través de distintas accións, visibilizarase a necesidade dun cambio de modelo económico, social, cultural e político que antepoña os Dereitos Humanos e a biodiversidade aos intereses económicos dunha elite.

Dende o 5 de Xullo e até o día 8 a localidade do norte alemán acollerá unha enorme diversidade de actos, accións e mobilizacións, así como o desenvolvemento dun contracumio que englobará os distintos temas que hoxe marcan a axenda política global actual. ECOAR))) estará presente na cidade xermana para deixar claro que “Somos moitxs!! Facemos moito ruído!! O mundo vai escoitarnos!!”.

https://www.facebook.com/canelacafune/?fref=ts

https://ecoarglobal.org/gl/

https://pepaloba.org/

Lugar: La Pecera - Vigo
Utilizamos cookies

Utilizamos cookies no noso sitio web. Algunhas delas son esenciais para o funcionamento do sitio, mentres que outras axúdannos a mellorar este sitio e a experiencia do usuario (cookies de seguimento). Podes decidir por ti mesm@ se queres permitires o uso de cookies ou non. Ten en conta que, se as rexeitares, é posíbel que non poidas utilizar todas as funcións do sitio.