Axenda

V Festa Amanexa
sábado 27 maio 2017
Vistas : 182

Todo o mundo atento, o sábado 27 de maio teremos a nosa V Festa Amanexa na pista polideportiva de Dexo (ao carón da igrexa). Dará comezo ás seis da tarde coa actuación dos grupos Armadanzas de Laraño (Santiago de Compostela), Grupo de Baile e Gaitas Santaia (Santa Cruz), S.C. Airiños dos Carrís (Cerdido), A.C. O Amanexo.

Ao remate das actuacións, comenzará á churrascada para encher o buche a prezos populares. A partir das dez terá lugar o concerto folk con TIRULEQUE e remataremos á noite cunha foliada onde non faltará a nosa chocolatada. Se queres vir a cantar ou tocar, manda unha mensaxe a nosa páxina do facebook ou ao noso correo Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo..

Esperámosvos a todos!!!!!!

Lugar: Polideportivo de Dexo - Dexo (Oleiros)
Utilizamos cookies

Utilizamos cookies no noso sitio web. Algunhas delas son esenciais para o funcionamento do sitio, mentres que outras axúdannos a mellorar este sitio e a experiencia do usuario (cookies de seguimento). Podes decidir por ti mesm@ se queres permitires o uso de cookies ou non. Ten en conta que, se as rexeitares, é posíbel que non poidas utilizar todas as funcións do sitio.