Axenda

XII Serán Mar de Rianxo
sábado 27 maio 2017
Vistas : 124

Un ano máis, e xa van alá doce, a Asociación de Música e Baile Tradicional Vai de Roda organiza o Serán Mar de Rianxo, coa colaboración do Concello de Rianxo e da Deputación da Coruña.

O sábado 27 de maio, no Campo de Arriba, soarán pandeiretas, gaitas, tambores e outros instrumentos tradicionais galegos; e tamén danzarán bailadores e bailadoras, e soarán grandes voces que cantarán diversas pezas.

A partir das 12.00 h haberá ambientación musical polos bares, e ás 19.00 h dará comezo o seranciño para as/os máis cativas/os, para despois continuar, ás 22.00 h, co serán.
Vai de Roda Concello de Rianxo Cultura da Deputación da Coruña

Lugar: Campo de Arriba - Mar de Rianxo
Utilizamos cookies

Utilizamos cookies no noso sitio web. Algunhas delas son esenciais para o funcionamento do sitio, mentres que outras axúdannos a mellorar este sitio e a experiencia do usuario (cookies de seguimento). Podes decidir por ti mesm@ se queres permitires o uso de cookies ou non. Ten en conta que, se as rexeitares, é posíbel que non poidas utilizar todas as funcións do sitio.