Axenda

Alfredo García Quintet
quinta feira 01 xuño 2017
Vistas : 178

XOVES 1 - 22:00 7€
Alfredo García Quintet:
Presenta o seu novo traballo ‘Blue Line’
O presente proxecto foi unha evolución da anterior formación, Alfredo García Quartet, que cultivou éxitos nos festivais de jazz galegos e galardóns como o Primeiro Premio no Concurso de Maquetas Jazz Fusión organizado por FNAC.
No devandito concurso atopábase como xurado Paquito de Rivera e Juan Claudio Cifuentes. Tras a maqueta o proxecto converteuse no álbum ‘Riding into a new path’. Na actualidade Alfredo García está inmerso na presentación do seu segundo álbum como líder: ‘Blue line’. Este proxecto do mesmo xeito que o primeiro está fundamentado en temas orixinais, fóra dun par de versións con innovadores arranxos en sintonía coa estética musical da formación. A música do grupo, enraizada no jazz, aproveita o mellor doutros estilos (funk, rock e world music). 

Lugar: Casa das Crechas - Santiago de Compostela
Utilizamos cookies

Utilizamos cookies no noso sitio web. Algunhas delas son esenciais para o funcionamento do sitio, mentres que outras axúdannos a mellorar este sitio e a experiencia do usuario (cookies de seguimento). Podes decidir por ti mesm@ se queres permitires o uso de cookies ou non. Ten en conta que, se as rexeitares, é posíbel que non poidas utilizar todas as funcións do sitio.