Axenda

Festival Fax
sábado 05 agosto 2017
Vistas : 296

Festival FAX pretende ser máis ca un festival de música, que se celebrará o 5 de agosto de 2017 en #XinzodeLimia (Ourense).

Nace da necesidade de importar á nosa comarca algunhas das ideas máis innovadoras e exitosas que xa se consolidan por outros lugares da xeografía nacional e internacional. Pero tamén ten as súas propias particularidades, o que o converten nun proxecto único. Un festival para disfrutar en Xinzo e coa Limia, posicionando á comarca como protagonista, creando pontes entre visitantes e habitantes.

#FestivalFax é unha arma de promoción turística que utiliza a música como excusa para atraer a un público que poda disfrutar de Xinzo e a súa comarca. Unha invitación a desfrutar durante un día dunha coidadísima e atractiva programación, que convertirá á comarca da Limia en epicentro da escena.

Lugar: Alameda do Toural - Xinzo de Limia
Utilizamos cookies

Utilizamos cookies no noso sitio web. Algunhas delas son esenciais para o funcionamento do sitio, mentres que outras axúdannos a mellorar este sitio e a experiencia do usuario (cookies de seguimento). Podes decidir por ti mesm@ se queres permitires o uso de cookies ou non. Ten en conta que, se as rexeitares, é posíbel que non poidas utilizar todas as funcións do sitio.