Axenda

Esposa + Selvática
sábado 11 novembro 2017, 20:30
Vistas : 164

Bailemos o POP DE POR AQUÍ.

Esposa vannos visitar despois dun tempiño sen pasar polo noso salón. Agora están de volta co seu primeiro disco, un Xardín Interior (Prenom, 2017) que está dando moito que falar na pista de baile, as radios e as romarías. Retrousos inesquecibles, melodías imperecedeiras e grandes liñas na nosa lingua cun estilo que aínda non viras.
https://esposa.bandcamp.com/

Os vigueses Selvática volven á Capilla Mutantina case dous anos despois, agora co seu Seres Abisales (Orphan Records, Discos de Kirlian, 2017). Deixaron a selva pero están sumerxidos na longa noite de pedra da terra. Punkpop saleroso, afiado e castizo coma sempre, nunha música tocada como nunca. Purasangues.
https://selvatica.bandcamp.com/album/seres-abisales-l-p

Aquí tes un glorioso menú degustación sen estrelas michelínicas pero con todo tipo de salsas, vapor de underground sobre tella punkpopeira, a degustar por entre 5 e 8€ para as furgallas, no teu street food cultural favorito, o Liceo Mutante, que vai para o séptimo aniversario e resistindo en Rosalía de Castro, 100.

Selvática

Lugar: Liceo Mutante - Pontevedra
Utilizamos cookies

Utilizamos cookies no noso sitio web. Algunhas delas son esenciais para o funcionamento do sitio, mentres que outras axúdannos a mellorar este sitio e a experiencia do usuario (cookies de seguimento). Podes decidir por ti mesm@ se queres permitires o uso de cookies ou non. Ten en conta que, se as rexeitares, é posíbel que non poidas utilizar todas as funcións do sitio.