Home Axenda
Events Calendar help
Mounqup
Saturday, 06 January 2018, 22:00
Hits : 227

Camille Hèdouin é unha artesá do son. Nada en Francia, pero galega de adopción, leva desde os 15 anos participando coa súa voz en bandas de Jazz, electrónica e folk. Foi en Galicia onde comenzou a xogar con loops e samplers ata se converter na artista que é hoxe. As súas composicións son un collage de texturas, formas e cores que teñen como resultado a paisaxe sonora de MounQup.

Agora presenta o seu primeiro traballo de estudio, Proba de Son (2017), da man do selo ourensán MOLHO. Componse de dez cortes que definen esta primeira etapa da artista. Un encontro de melodías suxerentes que nacen da terra para encontrarse coa modernidade. Temas que falan das problemáticas sociais que nos asexan e das visións que manan das entrañas dunha persoa mergullada nas costumes naturais por decisión propia. Un ensaio vital a través da música.

Sábado 6 de xaneiro ás 22:00 h. 

Location : La Lata de Bombillas - Zaragoza (España)

Back

Vindeiros Concertos:

Mer Dec 12 @11:00 - - Xacobe Martínez Antelo Trío - Hospital Psiquiátrico - Conxo (Santiago de Compostela)
Mer Dec 12 @18:30 - - A Banda da Loba - Teatro Cidade Universitaria - As Lagoas-Marcosende, Zamáns (Vigo)
Mer Dec 12 @22:30 - - A Banda das Crechas - Casa das Crechas - Santiago de Compostela
Xov Dec 13 @19:00 - - Copa Turbo + Lamprea Explosiva - Sala Real - Aguiño (Ribeira)
Xov Dec 13 @19:30 - - Xardín Desordenado - Libraría Cronopios - Pontevedra
Xov Dec 13 @21:00 - - Talabarte - Casa das Crechas - Santiago de Compostela
Ven Dec 14 - Minguante - Cervcería Risco - Vimianzo
Ven Dec 14 - VII Mercado da Estrela - Santiago de Compostela
Ven Dec 14 @18:00 - - Paco Nogueiras - Biblioteca Pública Municipal - Muros
Ven Dec 14 @19:30 - - Leo Arremecághona e Isaac Xubín - Auditorio da Casa de Rosalía - A Matanza, Iria Flavia (Padrón)
Ven Dec 14 @21:00 - - Luar na Lubre - Auditorio Gustavo Freire - Lugo
Ven Dec 14 @22:00 - - Ded Routines + Thee Boas - El Pueblo Café Cultural - Ourense

Atención! Este sitio usa cookies e tecnoloxías similares.

Facendo click en aceptar, estás dacordo co seu emprego

Acepto