Axenda

Innopiah + Los Puta Mierda + Medio Grumo
sábado 03 febreiro 2018, 20:30
Vistas : 244

O sábado 3 de febreiro temos unha de comercio local e xusto, DIY de trincheira e aloitador!

Véñennos visitar tres formacións pontevedresas ben cucas para unha xornada de disto e fraternidade.

INИO中I∀HỊ naceu en 2008 como banda dunha persoa producindo e publicando os seus álbumes de xeito autónomo.

Un traballo "faino ti mesmx" cheo de composicións propias con letras que analizan a pobreza, a desigualdade e as relacións humanas sobre un fondo de sons persoais.
Presentado en directo en espazos liberados e festivais autoxestionados, compartindo cartaz con bandas coma Gatillazo, Mamá Ladilla, A Compañía do Ruído ou Bergallazo.

http://www.innoppiah.com/

Los Puta Mierda son un dúo de Pontevedra que fan o rock'n'roll que lle gusta á túa irmá, formado por un par de indesexables cos que non che gustaría que andase a túa filla.
Ollo aí!!! Que teñen single e videoclip novo!

https://youtu.be/UiBZFB-C7c0
https://losputamierda.bandcamp.com/

Medio Grumo van disfrazados de viño de reserva dulce e con solera pero en realidade son como un vinagre aberto e picante fóra do frigorífico listo para estropear a túa ensalada!

https://www.facebook.com/mediogrumo/

Tres artistazas que estarán atronando no Liceo e só solicitan entre cinco e oito euros como donativo. Festón!

Lugar: Liceo Mutante - Pontevedra
Utilizamos cookies

Utilizamos cookies no noso sitio web. Algunhas delas son esenciais para o funcionamento do sitio, mentres que outras axúdannos a mellorar este sitio e a experiencia do usuario (cookies de seguimento). Podes decidir por ti mesm@ se queres permitires o uso de cookies ou non. Ten en conta que, se as rexeitares, é posíbel que non poidas utilizar todas as funcións do sitio.