Axenda

MJ Pérez
sábado 17 marzo 2018, 22:30
Vistas : 225

MJ Pérez regresa a Moaña para presentar o seu último disco "Casandra". Esta é unha das principais paradas dentro da súa xira deste 2018, onde compartirá este novo traballo acompañada por Pablo González (Guitarra e Teclado).

"Casandra" é o primeiro álbum de estudio da artista arzuá, no que tamén é partícipe a súa banda e colaboracións espaciáis entre as que se atopa Richi Casás, Ailén Kendelman (A Panadaría, Áureas) ou Paco Cerdeira (Pakolas). Unha fusión de diferentes estilos que amosa unha clara evolución na música de MJ.

Sen dúbida, unha noite para non perder e descubrir todo o que MJ nos ten preparado!

Será o sábado 17 de Marzo, ás 22:30h, Var con Uve.

E para ir abrindo boca... https://youtu.be/qiBD9TvdX9w

Lugar: Var con Uve - San Martiño (Moaña)
Utilizamos cookies

Utilizamos cookies no noso sitio web. Algunhas delas son esenciais para o funcionamento do sitio, mentres que outras axúdannos a mellorar este sitio e a experiencia do usuario (cookies de seguimento). Podes decidir por ti mesm@ se queres permitires o uso de cookies ou non. Ten en conta que, se as rexeitares, é posíbel que non poidas utilizar todas as funcións do sitio.