O vindeiro venres 6 de Abril desde a Editorial Anarquista Abordaxe! celebramos a chegada da primavera cun anarconcerto como unha das diversas actividades que estamos realizando co fin de recadar cartos para afrontar o novo proxecto editorial.
Nesta xornada musical contaremos con Taiga Dukha (crust tropical desde Vigo), Kali Aka La Negra (rap quinqui desde Lugo) e Verbena Velutina (punk surrealista desde Compostela).
E para rematar esta festa primaveral contaremos cunha FOLIADA ABERTA, trae o teu instrumento!!
Os concertos terán lugar no CSA do Sar (rúa Curros Enríquez nº28) a partir das 19:30h. Coma sempre, entrada de balde!