Axenda

Rodrigo Romaní
sexta feira 27 abril 2018, 20:30
Vistas : 205

Venres 27 de abril ás 20:30, Rodrigo Romani estrea na Coruña, no teatro Rosalía de Castro, o seu novo traballo discográfico, 'Fios de ouro no ar', un álbum concebido para recrear un xogo sónico de luces e sombras, de penumbras estilísticas, de discursos entreverados con alusións a músicas de diversas orixes nas que a tradición oral da música popular vertebra un producto inconfundiblemente galego. A súa tradución ao directo dá como resultado un concerto de sonoridades delicadas ao mesmo tempo que definidamente rítmicas, evocadas pola complexidade de duas arpas combinadas con elementos electrónicos e percusións acústicas unidas ao canto e a ocarina, na que Rodrigo ten demostrado unha especial capacidade de interpretación.

Rodrigo Romaní (arpa, voz, ocarina e programacións), Bea Martínez (arpa segunda) e Xulia Feixoo (percusións).

Lugar: Teatro Rosalía de Castro - A Coruña
Utilizamos cookies

Utilizamos cookies no noso sitio web. Algunhas delas son esenciais para o funcionamento do sitio, mentres que outras axúdannos a mellorar este sitio e a experiencia do usuario (cookies de seguimento). Podes decidir por ti mesm@ se queres permitires o uso de cookies ou non. Ten en conta que, se as rexeitares, é posíbel que non poidas utilizar todas as funcións do sitio.