Axenda

Man de Santo
sábado 12 maio 2018, 13:30
Vistas : 168

Que ilusión nos fai poder contar con esta super formación de músicos máis que coñecidos por todos nós. Man de Santo estarán na nosa sesión Ho! Vermú o vindeiro 12 de maio, nunca antes a nosa terraza tivo tantos músicos xuntos, vai ser todo un espactáculo!!!

Grupo nado en 2016 na cidade de Lugo. Amantes dos ritmos tradicionais xamaiquinos (reggae, ska, rocksteady...) pero tamén se deixan levar polo soul, o jazz e outras músicas que forman parte do seu acervo musical. The Skatalites, Jimmy Cliff, Desmond Dekker, The Specials...son algúns dos referentes que lles inspiran á hora de facer un repertorio onde se combinan os clásicos con revisións de estandards de jazz ben coñecidos e adaptados para convidar o baile e á sorriso cómplice. A súa presentación oficial en Lugo foi no Sanfroidance-2017 con gran éxito, para máis tarde ser os invitados ao 7º Ska All Night, un prestixioso festival de reggae e ska organizado pola produtora V- Rocket e polo que pasaron grupos importantes como The Gramophone Allstars, The Upsttemians ou The New York Ska-Jazz Ensemble, talvez a mellor banda de ska-jazz do mundo.

Músicos que forman ou formaron parte de grupos como Os Resentidos, Mercedes Peón, Kibitka, Transilvanians, Arifi, Herdeiros da Crus, Colectivo Bomba, Desorden Público, etc.

Ezequiel Orol (guitarra, voz), Gustavo Salvador (trompeta), Mestre Rulos (saxo tenor) Miguel Batista (saxo tenor), Quique L. Cendán (saxo alto), Martín Vázquez (trombón), Ara Martínez (teclados, voces), Toni Vázquez (batería) e Tino López (baixo e voces)


Lugar: Ho! Gruf - Lugo
Utilizamos cookies

Utilizamos cookies no noso sitio web. Algunhas delas son esenciais para o funcionamento do sitio, mentres que outras axúdannos a mellorar este sitio e a experiencia do usuario (cookies de seguimento). Podes decidir por ti mesm@ se queres permitires o uso de cookies ou non. Ten en conta que, se as rexeitares, é posíbel que non poidas utilizar todas as funcións do sitio.