Home Axenda
Events Calendar help
Sons de Maio para María Victoria Moreno
Wednesday, 16 May 2018, 19:30
Hits : 101

O vindeiro mércores 16 de maio a partir das 19:30 horas, a Praza de San Marcos de Lugo converterase nun espazo de encontro para os amantes da cultura tradicional, xa que co gallo do día das Letras Galegas, a Tradescola (Asociación de Gaiteir@s Galeg@s) e a Deputación de Lugo organizan un concerto de escolas de música tradicional onde se renderá homenaxe á escritora e profesora Mª Victoria Moreno Márquez, a quen este ano se adica o día das letras.

“Sons de maio para Mª Victoria Moreno” é un concerto no que participarán a Escola Municipal de Folclore de Betanzos (EMuF) e a Tradescola, en nel @s alumn@s e mestr@s das dúas escolas compartirán esceario para agasallar ao público presente con numerosas pezas da nosa música tradicional, onde non faltarán gaitas, acordeóns, percusións, cantareir@s, requintas, zanfonas e baile tradicional!!

Unha nova actividade de difusión da nosa música, o noso canto e o noso baile tradicional que ofrece a AGG na víspera das nosas letras!!!

Contamos con tod@s vos!!!!

Location : Praza de San Marcos - Lugo

Back

Vindeiros Concertos:

Sab Xan 19 - San Blasiño - Auditorio Centro Cultural Helios - Bembrive (Vigo)
Sab Xan 19 @14:00 - - Chamaquito Pistolas e as Balas Perdidas - Taoería A Recoveira - Ribeira
Sab Xan 19 @18:30 - - A Banda do Verán - Teatro Principal - Santiago de Compostela
Sab Xan 19 @19:00 - - Nao - Vinte Berzas - A Estrada
Sab Xan 19 @21:00 - - Pauliña - Auditorio da Xuventude - Cambados
Sab Xan 19 @21:30 - - Collón de Lola + Bakarrá + Komando Pogo - Tronko Bar - Pontevedra
Sab Xan 19 @22:00 - - Roberto Oliveira - A Arca da Noe - Vilar de Santos
Sab Xan 19 @22:00 - - O Carballo das Cen Pólas - Furancho Endulza tu Vida - Bembrive (Vigo)
Sab Xan 19 @22:00 - - Tecor Societário + Os Novos - Gentalha do Pichel - Santiago de Compostela
Sab Xan 19 @22:30 - - Dislexia + Impaled Corpses - Heaven & Hell Rock & Metal Bar - Ribeira
Sab Xan 19 @22:30 - - Seso Durán - Sala Rebullón - O Rebullón, Tameiga (Mos)
Sab Xan 19 @23:55 - - D´Esmorga - Bar Pedrito - Arzúa

Atención! Este sitio usa cookies e tecnoloxías similares.

Facendo click en aceptar, estás dacordo co seu emprego

Acepto