Axenda

17º Ribeira Sacra Festival. Patrimonio
From sábado 04 agosto 2018
To domingo 05 agosto 2018
Vistas : 362

Este verán regresarán a paisaxe, o sabor e a música a un encontro único, o Festival 17º Ribeira Sacra, que se celebrará do 27 de xullo ao 5 de agosto de 2018 con dous conceptos diferentes nun mesmo evento:

- 17º Paisaxe (do 27 ao 29 de xullo de 2018): experiencias musicais para sentir un territorio.
- 17º Patrimonio (do 4 ao 5 de agosto de 2018): directos exclusivos en espazos patrimoniais.

Así regresa unha das citas musicais máis singulares do calendario estival, que marida día e noite directos de bandas e artistas de pegada nacional e internacional, viño, gastronomía e patrimonio nun marco natural de excepción, a Ribeira Sacra galega. Tras o éxito da súa primeira edición, o 17º Ribeira Sacra crece en 2018 con máis días, máis músicos, máis actividades e novos escenarios vinculados á riqueza natural e patrimonial do horizonte galego. Dada a exclusividade do festival e a contorna no que se enmarca, o número de abonos dispoñibles é reducido e quedan menos de 150 á venda a través de Ataquilla.com. Moi pronto daranse a coñecer novos artistas confirmados e outras novidades dun programa que reunirá de novo concertos na natureza, catas de viños, directos en catamaráns e adegas, visitas guiadas, roteiros, cociña de autor, etc.

Lugar: Ribeira Sacra
Utilizamos cookies

Utilizamos cookies no noso sitio web. Algunhas delas son esenciais para o funcionamento do sitio, mentres que outras axúdannos a mellorar este sitio e a experiencia do usuario (cookies de seguimento). Podes decidir por ti mesm@ se queres permitires o uso de cookies ou non. Ten en conta que, se as rexeitares, é posíbel que non poidas utilizar todas as funcións do sitio.