Axenda

Festival Sinsal
From sábado 06 outubro 2018
To domingo 07 outubro 2018
Vistas : 342

Dous días. Historia. Transmisión. Mar. O 6 e 7 de outubro celébrase a nova iniciativa do Festival Sinsal SON Estrella Galicia en Vigo. Niño de Elche + Los Voluble, Baiuca, Jófríður Ákadóttir, Castello Branco, Vudú, 16 mm, Viktor Flores DJ, DUAS, Sunset Rollercoaster e María del Mar Blanco Moreno son os artistas que darán concertos no Museo do Mar de Galicia e nos estaleiros Freire e Cardama. Unha proposta que combina o diurno e o nocturno, cunha parte gratuíta e outra de pago, con obradoiros, actividades e propostas gastronómicas nos xardíns do museo. Desde as 13:00 até as 18:00 o programa é gratuíto ATÉ COMPLETAR AFORO con concerto didático de DUAS, talleres de Juanma Lodo e Sistema Lupo e as actuacións de Vudú, Sesión DJ con Viktor Flores (Sinsal /Certain Music) e dos taiwaneses Sunset Rollercoaster.

As persoas con entrada para o festival terán preferencia na compra de entradas Sinsal SON Estrella Galicia 2019 en San Simón (correspondencia entrada adulta por adulta, menor por menor).

Programa sábado 6 outubro
Museo do Mar de Galicia (Avda. da Atlántida, 160, Alcabre, Vigo)
Concertos de acceso libre
13:00. Concerto didáctico “Raíces”. DUAS
14:00. Vudú
15:00. Sesión DJ con Viktor Flores (Sinsal /Certain Music)
16:30. Sunset Rollercoaster
Concertos de pago:
18:00. 16mm
19:30. JFDR String Quartet. Jófríõur Ákadóttir + María José Pámpano, Carmen Gallego (violíns), Margarida Mariño (violonchelo) e Aida Álvarez (viola).
21:00. Baiuca
22:30. “En el nombre de”. Niño de Elche + Los voluble
Ticket 4 concertos: 20 euros
Sinsal obradoiros sábado 6:
13:30. Sesións Do, Re, Bip, con Juanma LoDo.
14:30 e 16:30. Sistema Lupo. “Tipos lóxicos no Museo do Mar de Galicia”
Programa domingo 7 outubro
Concertos de pago:
12:30. Castello Branco. Astilleros Cardama (Avda. de Beiramar, 12). ENTRADAS ESGOTADAS
12:30. María del Mar Blanco Moreno interpreta as Variacións Goldberg (Johann Sebastian Bach). Construcciones Navales Paulino Freires (Avda. de Beiramar, 18)
Aforo moi limitado. Prezo: 10 euros. En www.festival.sins.al
Co patrocinio de SON Estrella Galicia e Grupo Viqueira así como do Museo do Mar de Galicia e a Secretaría Xeral de Cultura da Xunta. Colaboran Construcciones Navales Paulino Freire, Cardama Shipyard , Cosferla, Platu Premium, Rodosa e Vermú Petroni.

Lugar: Museo do Mar - Alcabre (Vigo)
Utilizamos cookies

Utilizamos cookies no noso sitio web. Algunhas delas son esenciais para o funcionamento do sitio, mentres que outras axúdannos a mellorar este sitio e a experiencia do usuario (cookies de seguimento). Podes decidir por ti mesm@ se queres permitires o uso de cookies ou non. Ten en conta que, se as rexeitares, é posíbel que non poidas utilizar todas as funcións do sitio.