Axenda

Vudú
sábado 27 outubro 2018, 20:00
Vistas : 180

Xa esta aquí o segundo espectáculo do programa "Autoras: Ciclo de Mulleres Creativas", que organiza a concellería de #TurismodeLalín no Pazo de Liñares.

Belén Tajes e Maritxinha , compoñentes de “Vudú” convídanvos ao concerto que ofrecerán o vindeiro sábado, día 27, ás 20.00 horas, e a que gocedes dun inesquecible serán na compaña do seu estilo musical máis íntimo e único, con achegas da música tradicional galega, harmonías do soul e o R&B, momentos baseados na improvisación do jazz e coa forza do rock clásico.

Lembra, o 27 vémonos en Liñares! Vémonos no programa “Autoras: Ciclo de Mulleres Creativas”.

Lugar: Pazo de Liñares - Liñares, Prado (Lalín)
Utilizamos cookies

Utilizamos cookies no noso sitio web. Algunhas delas son esenciais para o funcionamento do sitio, mentres que outras axúdannos a mellorar este sitio e a experiencia do usuario (cookies de seguimento). Podes decidir por ti mesm@ se queres permitires o uso de cookies ou non. Ten en conta que, se as rexeitares, é posíbel que non poidas utilizar todas as funcións do sitio.