Axenda

Xabier Díaz & Adufeiras de Salitre
sábado 15 decembro 2018, 20:00
Vistas : 220

Xabier Díaz & Adufeiras de Salitre en Narón. No Pazo da Cultura o sábado 15 de decembro ás 20:00 h.
Pandeiretas e adufes son perfectos aliados da copla, gala do xardín encantado da lírica galega como dicía Cabanillas.

O novo traballo de Xabier Díaz (Berrogueto, Nova Galega de Danza, A Cada Canto) xunto coas Adufeiras de Salitre, un grupo de percusionistas e cantoras de música popular, preséntase como o lugar onde a tradición non esmoreceu, onde queda sitio para o baile e o aturauxo...

Acompañados por Gutier Álvarez (zanfona e violín) e Javier Álvarez (acordeón diatónico), jnace un novo porxecto preparado para invadir con muiñeiras e pasodobres os teatros e festivais do mundo!

Lugar: Pazo da Cultura - Narón
Utilizamos cookies

Utilizamos cookies no noso sitio web. Algunhas delas son esenciais para o funcionamento do sitio, mentres que outras axúdannos a mellorar este sitio e a experiencia do usuario (cookies de seguimento). Podes decidir por ti mesm@ se queres permitires o uso de cookies ou non. Ten en conta que, se as rexeitares, é posíbel que non poidas utilizar todas as funcións do sitio.