Axenda

Cuarta Xusta + Antón Ke
domingo 03 febreiro 2019, 20:30
Vistas : 113

Domingo 3 de febreiro ás 20:30 h.

CUARTA XUSTA
Esta agrupación xorde a comezos do ano 2016 como resultado da paixón pola música dos seus integrantes. Así pois, Cuarta Xusta comeza a súa andaina versionando temas de grupos coñecidos e sobe por primeira vez ós escenarios no Festival Presume de Galego do mesmo ano, aínda que neste momento os instrumentos que se atopaban na banda difiren dos da actualidade, xa que as guitarras eran acústicas e non había nin baixo nin batería.

No 2017 a banda segue a súa andaina musical participando en festivais como o Kurrala Rock, así como dando concertos varios e compartindo escenario con outros grupos do panorama galego como Superoito ou Zënzar, cuxo vocalista interpretou un tema con Cuarta Xusta no Festival Presume de Galego. A finais deste mesmo ano comeza a preparación para a gravación do seu primeiro traballo discográfico Un novo espertar, a cal se levou a cabo durante o mes de xaneiro do 2018 en Arzúa por Paco Cerdeira. Este foi presentado o 10 de marzo e inclúe oito temas propios que seguen unha marcada liña social e conta con grandes colaboracións do eido musical galego.

https://youtu.be/EIguxkNLkpY

ANTÓN KE
Ukelele de batea con ritmos furancheiros, que bebe dos licores do blues, reagge, ska, rumba e tradicional acompañado do sabor de letras retranqueiras

https://youtu.be/tT4_oy7EHS4

Entrada: 5€

Lugar: Aturuxo Bar - Bueu
Utilizamos cookies

Utilizamos cookies no noso sitio web. Algunhas delas son esenciais para o funcionamento do sitio, mentres que outras axúdannos a mellorar este sitio e a experiencia do usuario (cookies de seguimento). Podes decidir por ti mesm@ se queres permitires o uso de cookies ou non. Ten en conta que, se as rexeitares, é posíbel que non poidas utilizar todas as funcións do sitio.