Axenda

Marcos Teira
sexta feira 15 febreiro 2019, 20:30
Vistas : 93

NÓs é o terceiro traballo dun proxecto discográfico que comezou con Solo e seguiu con Flamenco Translations.

Con este disco péchase o círculo; tres discos arredor da idea de traducir, adaptar e resituar músicas partindo da linguaxe da guitarra flamenca.

NÓs é un traballo máis colectivo que os dous anteriores. Nel participan un feixe de músicos que achegan personalidade a esta busca sonora.A corda e a madeira son os elementos fundamentais para construír o son deste disco que ten a translations trío como pedra angular.

NÓs é mestizo e persoal, e as músicas que o compoñen viaxan a través dunha nova e suxestiva paisaxe sonora.

marcos teira, guitarra
alfonso calvo, contrabaixo
moisés fernández, caixón
isaías salazar, baile
alejandro vargas, piano

Lugar: Teatro Principal - Santiago de Compostela
Utilizamos cookies

Utilizamos cookies no noso sitio web. Algunhas delas son esenciais para o funcionamento do sitio, mentres que outras axúdannos a mellorar este sitio e a experiencia do usuario (cookies de seguimento). Podes decidir por ti mesm@ se queres permitires o uso de cookies ou non. Ten en conta que, se as rexeitares, é posíbel que non poidas utilizar todas as funcións do sitio.