Axenda

Kalte Sonne + Juseph
sábado 23 marzo 2019, 22:30
Vistas : 168

JUSEPH (post rock, post metal | Vale de Cambra, Portugal) +
Kalte Sonne (post metal | Lugo)
Sábado 23 de Marzo de 2019, 22:30h
C.s. Fuscalho, A Guarda

Juseph ven dende as pendentes do Vale, (Vale de Cambra, Portugal), e formouse en 2009 cando deciden facer ruído dous guitarristas e un baterísta. Máis tarde en 2010 sumouse Pedro Bastos no baixo. En 2013 a banda editou o seu primeiro disco, "Novae" (producido, mesturado e masterizado por Makoto Yagyu, asistido por Fabio Jevelim, en Black Sheep Studios). En 2015 Rafael Soares foi engadido á ecuación como terceira guitarra e sintetizadores.
En setembro 2016 entran outra vez no estudio para o rexistro do seu álbum "Óreida" en CAO Armado Estudios (producido, mesturado e masterizado por Daniel Valente). Con riffs pesados e melodías brillantes é unha obra con natureza post-metal estendida en oito profundas pistas instrumentais que se publica en febreiro de 2019.
https://juseph.bandcamp.com

Kalte Sonne é unha banda de post metal formada en Lugo no ano 2013. A banda conta con catro traballos editados (The Hum, 2014; Terra Incognita – Searching the new World Part. 1, 2015; Searching the new World Part. 2, 2016; Ekumen, 2018). Nestes anos ten actuado en diversas cidades de España, Portugal, Francia, Italia e o Reino Unido. A banda estará presentando "MAREIRA", o seu novo traballo en formato vinilo 12', nun split compartido coa banda chinesa Alpaca e o seu traballo Drown. Mareira foi gravado no Kollapse Studio de Lugo e manténdose nas atmósferas instrumentais, xa presentes dos dous traballos anteriores, profundiza un pouco máis na vertente máis contundente da banda.
https://kaltesonne.bandcamp.com

Lugar: CS Fuscalho - A Guarda
Utilizamos cookies

Utilizamos cookies no noso sitio web. Algunhas delas son esenciais para o funcionamento do sitio, mentres que outras axúdannos a mellorar este sitio e a experiencia do usuario (cookies de seguimento). Podes decidir por ti mesm@ se queres permitires o uso de cookies ou non. Ten en conta que, se as rexeitares, é posíbel que non poidas utilizar todas as funcións do sitio.