Home Axenda
Events Calendar help
Ezetaerre
Friday, 29 March 2019, 22:00
Hits : 110

Ezetaerre presenta o seu novo disco "Pólvora e tormenta" en Vigo.

29 de marzo – Sala Doppler – Rúa Martín Códax, 19. Ás 22:00 h.

Entradas en: https://www.musikaze.net/web/?menu=138&pagina=entradas&item=24664&siteID=santaguerrilla

Ezetaerre somos un grupo de rap combativo e en galego formado polo Garchu (A Coruña), o Pirola (Ourense) e o Petrowski (O Porriño). A nosa andaina comezou en 2016 na Coruña, onde compartimos estudos, loitas e experiencias no movemento estudantil.

Despois da publicación do longo Aspiracións mínimas e urxentes, o maxi 100 e varios singles (A herdanza do vento, Non é verán de Estrella Damm e Esmorga Inferno), agora presentamos Pólvora e tormenta: un traballo no que establecemos un paralelismo entre a actualidade e os Estados Unidos dos anos 30, asolados pola crise e polo Dust Bowl. Nel tamén facemos unha homenaxe á voz dos cantautores antifascistas, que transmitiron a rabia e a loita dun pobo sumido na fame e na miseria.

Novas letras, novos ritmos e novas ideas, sempre sen esquecer esas tres palabras que nos acompañan dende o comezo: dignidade, solidariedade e humildade.

Location : Sala Doppler - Vigo

Back

Vindeiros Concertos:

Ven Mar 05 @18:00 - - Pakolas - Centro Social - San Vicenzo, A Baña (A Baña)
Ven Mar 05 @19:00 - - Sheila Patricia - Centro Cultural El Madroño - Madrid (España)
Ven Mar 05 @19:15 - - Pauliña + Laura Lamontagne + Proxecto Consoante - Páxina web da Deputación de Lugo. Canle de Vicepresidencia Área de Cultura
Sab Mar 06 - 46 Festa do Queixo de Arzúa - Páxina web Festa do Queizo
Sab Mar 06 @19:00 - - Leilía - Auditorio Cine Alovi - As Pontes
Dom Mar 07 - 46 Festa do Queixo de Arzúa - Páxina web Festa do Queizo
Dom Mar 07 @19:30 - - Memorial Nazario Glez. "Moxenas". 9ª Edición - Auditorio do CVC de Valadares - Valadares (Vigo)
Dom Mar 07 @19:30 - - Aldaolado - Auditorio Municipal Carmen Estévez - Vilalba
Ven Mar 12 @19:30 - - Pauliña - Auditorio Casa da Cultura - Bertamiráns, Ortoño (Ames)
Ven Mar 12 @20:00 - - Zënzar - Auditorio Municipal Carmen Estévez - Vilalba
Dom Mar 14 @19:30 - - Memorial Nazario Glez. "Moxenas". 9ª Edición - Auditorio do CVC de Valadares - Valadares (Vigo)
Xov Mar 18 - Bule - Capela do Torrente - Ferrol

Atención! Este sitio usa cookies e tecnoloxías similares.

Facendo click en aceptar, estás dacordo co seu emprego

Acepto