Axenda

Dios Ke Te Crew
sábado 11 maio 2019, 21:00
Vistas : 195

Despois de anunciar o seu retorno nesta primavera de 2019 e logo do lanzamento do seu video-single “Silenciø” no decembro pasado de 2018 xerando unha tremenda espectación, por fin, Dios Ke Te Crew anuncia a súa volta ós escenarios coa presentación en primicia do seu novo disco "O Ciclo da Serpe”. Unha única presentación oficial en salas e unha cita especial onde poderás desfrutar dun show moi singular que se aveciña como irrepetible… (proxeccións visuais, colaboracións especiais, sorpresas…).

Unha oportunidade única, ademais, para facerte co seu novo disco en formato físico por un prezo especial e antes do seu lanzamento en tendas. O sábado 11 de maio, tes unha cita co Señor na Sala Capitol, Santiago de Compostela.

Entrada simple: 12 € Anticipada / 15 € Billeteira

Entrada + CD: 20 € Anticipada / 24 € Billeteira

Video "SILENCIØ"

RRSS: FacebookInstagramTwitter

Máis info:

https://www.diosketecrew.org


* Para as entradas con CD, este recollerase na propia Sala Capitol o día do evento ao presentar a entrada.

* Prohibido o acceso a menores de 18 anos salvo que estean debidamente autorizados polo seu titor legal e que accedan ao recinto acompañados dun adulto responsable. Máis info ao respecto: http://www.salacapitol.com/menores.php

Lugar: Sala Capitol - Santiago de Compostela
Utilizamos cookies

Utilizamos cookies no noso sitio web. Algunhas delas son esenciais para o funcionamento do sitio, mentres que outras axúdannos a mellorar este sitio e a experiencia do usuario (cookies de seguimento). Podes decidir por ti mesm@ se queres permitires o uso de cookies ou non. Ten en conta que, se as rexeitares, é posíbel que non poidas utilizar todas as funcións do sitio.