Axenda

O Leo de Matamá
quinta feira 16 maio 2019, 22:00
Vistas : 103

Xoves 16, toco as pezas do disco en gravación d'o leo na orde en que van ir e logo mándoche a pregravación ao correo-e se mo apuntas nun papel a partir das 22:00 h no Batallón Baiuca de Martín Códax, 17. Vigo

Como derradeiro experimento para o disco d'o leo de matamá, tocarei de cabo a rabo, na orde en que irán no disco, as súas pezas. Logo pasarei un folio pra recoller os enderezos de correo-e de quen queira ter unha copia da gravación do concerto en mp3, onde lla enviarei como agasallo das letras durante a finde e como agradecemento por contribuír ao proceso de pregravación.

A partir de aí, atenderei as peticións do público como bises.

Saúde!

Lugar: Batallón Baiuca - Vigo
Utilizamos cookies

Utilizamos cookies no noso sitio web. Algunhas delas son esenciais para o funcionamento do sitio, mentres que outras axúdannos a mellorar este sitio e a experiencia do usuario (cookies de seguimento). Podes decidir por ti mesm@ se queres permitires o uso de cookies ou non. Ten en conta que, se as rexeitares, é posíbel que non poidas utilizar todas as funcións do sitio.