Axenda

Sabela King & The Hearthbreakers
sexta feira 07 xuño 2019, 20:30
Vistas : 111

Sabela King & The Heartbreakers nos Seráns en Feixóo.

Sabela King & The Heartbreakers Con máis de douscentos concertos por toda Galicia, entre os que cabe destacar a súa participación no Outono Códax Festival, o Fisterra Blues Experience e o festival Feito A Man; Sabela King and & The Heartbreakers gravan o seu primeiro disco homónimo. O disco está composto por seis temas propios e catro versións moi persoais de cancións de Sam Cooke, Johnny Cash e Emily Loizeau.
O disco está gravado en directo. Sabela King canta e toca o ukelele, Benjamín Vázquez toca as guitarras e Ramón Figueira “Figui” toca as harmónicas.
Sabela King & The Heartbreakers defínese pola contención e a sutileza. A potente voz de Sabela mestúrase coas atmosferas creadas polos Heartbreakers para ofrecer un espectáculo cheo de texturas. Xuntos trazan unha viaxe sonora e estilístico no que se percibe un profundo respecto ás diferentes linguaxes das músicas populares, sen deixar de lado as súas influencias máis modernas.

Organizado por:
Riquela
Modus Vivendi
Borriquita de Belém

Lugar: Praza de Feixóo - Santiago de Compostela
Utilizamos cookies

Utilizamos cookies no noso sitio web. Algunhas delas son esenciais para o funcionamento do sitio, mentres que outras axúdannos a mellorar este sitio e a experiencia do usuario (cookies de seguimento). Podes decidir por ti mesm@ se queres permitires o uso de cookies ou non. Ten en conta que, se as rexeitares, é posíbel que non poidas utilizar todas as funcións do sitio.