Axenda

Radio Zapa!
cuarta feira 19 xuño 2019, 20:30
Vistas : 119

Radio Zapa! nos Seráns en Feixóo

Radio Zapa! é un powertrio de rock explosivo e psicodélico de Compostela. Un estalido de letras incisivas, fuzz e intensas atmosferas instrumentais formado por Martín Zapata (guitarra e voz), Luís Iglesias (baixo e coros) e Fran Facal (batería e coros).
Radio Zapa! é formado orixinalmente por Martín Zapata, Fran Facal e Jacobo García a finais de 2015. En 2017 presentan “Igual é diferente”, un E.P. co que presentan o seu denso e enérxico son e co que resultan vencedores do concurso Sons Mans do Festival Revenidas.
En 2018 presentan o seu novo single " LaCantinela", co que a banda se aproxima aínda máis ao stoner, á vez que comezan a estar presentes en carteis de festivais de toda Galicia e iniciar a súa andaina a nivel nacional onde consolidan un interesante nicho de seguidores.
Actualmente veñen de afrontar a gravación dun directo no programa Estudo3 de Radio Galega, a entrada de Luís Iglesias ao baixo, a preparación do lanzamento do próximo single e videoclip e a co-organización do festival Golfostela Malafesta en Compostela que resultou ser un auténtico éxito.

Lugar: Praza de Feixóo - Santiago de Compostela
Utilizamos cookies

Utilizamos cookies no noso sitio web. Algunhas delas son esenciais para o funcionamento do sitio, mentres que outras axúdannos a mellorar este sitio e a experiencia do usuario (cookies de seguimento). Podes decidir por ti mesm@ se queres permitires o uso de cookies ou non. Ten en conta que, se as rexeitares, é posíbel que non poidas utilizar todas as funcións do sitio.