Axenda

A Tribo das Flores
sexta feira 19 xullo 2019, 23:45
Vistas : 180

A Tribo das Flores ...Venres 19 de Xullo ás 23.45 h...de balde!!
"Como saídos dun aquelarre musical no medio do Monte, A Tribo das Flores é unha romería de verán que condensa o folk e o pop, a canción tabernaria e a melodía máis delicada nunha proposta cantada en galego, castelán, italiano, inglés e portugués. O bardo Roger Arias é o mestre de ceremonias dun combo de frescura diletante completado co percusionista Sergio Cosmonautas, a cantante e guitarrista Amparo Arias, o acordeonista Nicolás Vidal e a cosmopolita intérprete Silvia Fralleoni.
Difícil ver a flores tan distintas facendo un ramo máis armónico, quen o dubide que se atreva a vir a escoitalos o próximo sábado 19 de xullo na Sala Room ás 23.45 h".

Lugar: Sala Room - Ferrol
Utilizamos cookies

Utilizamos cookies no noso sitio web. Algunhas delas son esenciais para o funcionamento do sitio, mentres que outras axúdannos a mellorar este sitio e a experiencia do usuario (cookies de seguimento). Podes decidir por ti mesm@ se queres permitires o uso de cookies ou non. Ten en conta que, se as rexeitares, é posíbel que non poidas utilizar todas as funcións do sitio.