Axenda

X Serán Magosteiro
sábado 09 novembro 2019, 18:00
Vistas : 216

O segundo sábado de cada mes de novembro hai unha cita importante en Moraña, e non é outra que a nosa ruada, o SERÁN-MAGOSTEIRO! Este ano cumprimos o décimo aniversario desta festa e temos máis gañas que nunca de facer unha gran festa e pasar unha marabillosa xornada en Moraña con todas e todos vós!. Como sabedes esta ruada e magosto están organizadas por dúas asociacións: a Asociación Chinguilipé e a Asociación cultural Peña Espetados. Xa vos iremos contando máis cousiñas, polo momento quedádevos co esencial:

Sábado 9 novembro (Carballeira de Santa Lucía)
Pasarrúas musical a partir das 18h
OBRADOIRO de Baile impartido por Cristovo Chao (19h)
MAGOSTO: con castañas e chourizos de balde e bebidas a prezos populares a partir das 20h
RUADA (20h) cos grupos:
Os Carecos (Ortigueira)
Os Druidas (Meis)
Trío Prata con Germán Soneira (Ames)
Airiños da Fracha (Pontecaldeldas)
Chinguilipé (Moraña)
Seixebra (Moraña)
Aula Folk da ESMU (Moraña)
Joel Padín (Vilagarcía)
Hai que Roelo (Cuntis)
Madialeva Pandereteiras (Meis)
SilvaRedonda (Rianxo)
Café de Pota (Pontesampaio)
Armámola Boa (Arcade)

Ao rematar, Foliada aberta ata que o corpo aguante...

Lugar: Carballeira de Santa Lucía - Moraña
Utilizamos cookies

Utilizamos cookies no noso sitio web. Algunhas delas son esenciais para o funcionamento do sitio, mentres que outras axúdannos a mellorar este sitio e a experiencia do usuario (cookies de seguimento). Podes decidir por ti mesm@ se queres permitires o uso de cookies ou non. Ten en conta que, se as rexeitares, é posíbel que non poidas utilizar todas as funcións do sitio.