Axenda

Nao + Rebeliom do Inframundo + SonDaRúa + Odolaren Mintzoa
sábado 07 decembro 2019, 20:30
Vistas : 359

NAO despídese dos escenarios.


Con A derradeira Xira presentan “Ata que o lume se apague”, disco que fecha a triloxía de despedida que comezaron no 2015 baixo o título de Apocalipse NAO.

Dende decembro de 2018 e con remate no recinto Ferial de Amio (Santiago de Compostela, Galiza), NAO presentarán este derradeiro traballo por toda a xeografía galega, Catalunya i Euskadi.

O de Santiago será o seu derradeiro concerto e para iso acompañarase de moi bos amigos.

Un concerto único, irrepetíbel, cheo de emoción e que quedará para a lembranza dos 14 anos de historia dunha das bandas senlleiras do panorama musical galego.

Valo perder?

Lugar: Recinto Feiral - Amio, San Lázaro (Santiago de Compostela)
Utilizamos cookies

Utilizamos cookies no noso sitio web. Algunhas delas son esenciais para o funcionamento do sitio, mentres que outras axúdannos a mellorar este sitio e a experiencia do usuario (cookies de seguimento). Podes decidir por ti mesm@ se queres permitires o uso de cookies ou non. Ten en conta que, se as rexeitares, é posíbel que non poidas utilizar todas as funcións do sitio.