Axenda

Oradaladou
sábado 28 decembro 2019, 13:15
Vistas : 72

O dúo Oradaladou actuará o sábado 28 de decembro no peche da exposición temporal 'Antonio Fraguas. #LetrasGalegas2019' co fin de homenaxear ao director e presidente do Padroado do Museo do Pobo Galego no día do seu aniversario.

Oradaladou está formado por Sonsoles Penadique (acordeón diatónico e voz) e Carlos Quintá (violín e voz). O grupo interpretará o repertorio do seu disco "Cantigueiro de Cotobade", composto a partir das coplas recollidas por #AntonioFraguas dentro do traballo etnográfico que levou a cabo no lugar de onde era natural.

A entrada ao concerto é libre previa retirada de entrada na recepción do Museo (que estarán dispoñibles dende o día 21 de decembro).

DÍA: 28 de decembro de 2019
HORA: 13:00 horas [hora actualizada]
- 13h00: Acto institucional
- 13h15: Comezo do concerto de Oradaladou
De balde ata completar aforo [previa retirada de entrada]

Lugar: Museo do Pobo Galego - Santiago de Compostela
Utilizamos cookies

Utilizamos cookies no noso sitio web. Algunhas delas son esenciais para o funcionamento do sitio, mentres que outras axúdannos a mellorar este sitio e a experiencia do usuario (cookies de seguimento). Podes decidir por ti mesm@ se queres permitires o uso de cookies ou non. Ten en conta que, se as rexeitares, é posíbel que non poidas utilizar todas as funcións do sitio.