Axenda

Presentación Esmorga Fest en Lugo
sábado 25 xaneiro 2020, 16:30
Vistas : 268

Rayotaser e Mundo Prestigio estarán no guateque de presentación do Esmorga Fest en O Mercado de Lugo Sarria

Esmorga Fest xunto a O Mercado Casa de Comidas celebrarán este próximo sábado 25 de xaneiro ás 16.30 h a festa de presentación do festival en Lugo. Un ano máis o Esmorga Fest e O Mercado casa de comidas de Lugo únense para promover a música en directo e promocionar o que será o festival celebrado en Sarria os días 13 e 14 de Marzo. De forma totalmente gratuíta e nas instalacións de O Mercado de Lugo terán lugar dous concertos:

Rayotaser: o dúo de música electrónica. Un Catrina de sintetizadores directos aos teus receptores emocionais e ao teu sistema locomotor cos que non poderás deixar de moverche. Unha proposta entre o synthpop e a música house cantada en castelán e cun toque de indietrónica.

E doutra banda Mundo Prestigio: Batería, baixo e teclado rompen relacións coa guitarra e póñense ao dispor dos samplers en busca de aire fresco, veña este por onde veña. Finalmente, Esmorga Dj´ s deleitarán aos presentes cun set moi especial con carácter “ esmorgueiro”.

O festival conta xa coa confirmación de 16 bandas e estima xa polo seu gran acollida o “sold out” da venda de entradas. As entradas pódense comprar a prezo anticipado na web do festival, así como nos locais de Sarria: Adarve e Xarope ou en Lugo na festa de presentación deste sábado. Grupos confirmados Esmorga Fest 2020: YAWNERS – MOON DUO – MODERN NATURE – LOS PUNSETES – IT IT ANITA – CARIÑO – ATENCIÓN TSUNAMI – ALIMENT – NIÑA COYOTE ETA CHICO TORNADO – PONY BRAVO – VIVA BELGRADO – BÖIRA – LE TEMP DU LOUPS – MOURA – UNIFORMS – LA TRINIDAD

Entradas: https://esmorgafest.com/es-es/entradas

Lugar: O Mercado - Lugo
Utilizamos cookies

Utilizamos cookies no noso sitio web. Algunhas delas son esenciais para o funcionamento do sitio, mentres que outras axúdannos a mellorar este sitio e a experiencia do usuario (cookies de seguimento). Podes decidir por ti mesm@ se queres permitires o uso de cookies ou non. Ten en conta que, se as rexeitares, é posíbel que non poidas utilizar todas as funcións do sitio.