Axenda

Balkan Vs Cumbia
quinta feira 13 febreiro 2020, 23:00
Vistas : 132

Balkan vs Cumbia volta a Vigo!!!, unha vez máis estaremos na Sala Doppler Vigo para quen aínda non vivira esta gran festa é a fusion do son da Península Balcánica ca Cumbia global, é un espazo diverso, alegre e multicultural. O encontro destes ritmos, mundos e cultura transportarante directamente a unha dimensión repleta de maxia, alegría e baile sen parar, sensacións dignas dunha noite de troula

Dende Chile chegan Insultanes en directo:
Elxs representan o son de unha humanidad orfa que busca as súas raíces entre as culturas en resistencia e a mestizaxe desenfrenada da globalización. A súa música fusiona ritmos balcánicos e latinoamericanos con xéneros urbáns nunha viaxe que percorre coloridos carnavais e sombríos suburbios.

O son de Insultanes sitúase nun mundo en decadencia con unha actualidade política, social e ambiental desoladora; enfrentando esta realidade dende a festa, a raiba e a ironía.

Para darlle un final de festa como ben merece estará Brigada SOUND cos seus ritmos globais cargadinhos de baixos e musicas bailables.

Lugar: Sala Doppler - Vigo
Utilizamos cookies

Utilizamos cookies no noso sitio web. Algunhas delas son esenciais para o funcionamento do sitio, mentres que outras axúdannos a mellorar este sitio e a experiencia do usuario (cookies de seguimento). Podes decidir por ti mesm@ se queres permitires o uso de cookies ou non. Ten en conta que, se as rexeitares, é posíbel que non poidas utilizar todas as funcións do sitio.