Axenda

La Tarrancha
sábado 15 febreiro 2020, 23:00
Vistas : 284

O grupo asturiano de música de fusión La Tarrancha, chega a Compostela o 15 de febreiro presentando o seu último disco "Baillando con llokes".

O coñecido Pub Avante será o anfitrión de La Tarrancha, que con máis de 16 anos nos escenarios presenta o último traballo, cun pouco máis de tralla ca os anteriores. Partindo da base do Ska, metémonos en sons e distorsións limpas, aires balcánicos, latinos, do norte de África, tinturas de música tradicional asturiana, aires celtas, chiscadelas punk ou metaleiras nuns momentos, mais tamén ao swing, reggae, ragga, rap,... unha mestura de sabores que eles chaman Mecigayu Ska, para todos os gustos, como veñen demostrando estes anos.

As súas letras están en asturiano, aínda que tamén teñen algunhas en galego asturiano, e unha de sabor do Morrazo con Guillerme Ignacio Costa (Quempallou) que colaborou con La Tarrancha nun álbum que a banda lanzou hai uns anos en todas as linguas peninsulares. En Galiza xa pasaron por festivais como Antrospinos, Vilariño Folc, Reperkusión, Ponte Louco, no Taiña de Goián e A Rebusca de Manzaneda, onde tamén tocaron varias veces nos Findekflipas. Din que se senten en casa cando tocan en Galiza, "hai o mesmo xeito de entender o mundo e interactuar con el, os festivais están moi ben organizados e están abertos a diferentes conceptos musicais e a xente sabe divertirse gozando da música como en ningures. "

Espéranos a todas o 15 de febreiro ás 23:00 no Avante. As entradas véndense no mesmo Avante, son 5 euros adiantada e 7 euros na billeteira.

Escoita o disco Baillando con Llokes nas plataformas dixitais




Lugar: Pub Avante - Compostela
Utilizamos cookies

Utilizamos cookies no noso sitio web. Algunhas delas son esenciais para o funcionamento do sitio, mentres que outras axúdannos a mellorar este sitio e a experiencia do usuario (cookies de seguimento). Podes decidir por ti mesm@ se queres permitires o uso de cookies ou non. Ten en conta que, se as rexeitares, é posíbel que non poidas utilizar todas as funcións do sitio.