Axenda

Festival Taíña 2020
sábado 22 febreiro 2020, 23:30
Vistas : 181

Esta será a orden de actuación dos grupos que teremos sobre o escenario máis a afterparty.

- Kiwi Roots _ 23:30
- Liska! _ 00:30
- Jolof Warrior & TGHB _ 02:00
- Boyanka Kostova _ 3:00
- Sapoconcho Sem Poncho _ 04:00 ata remate da festa (tamén pinchará temazos entre grupo e grupo).

Todo no torreiro. Todo debaixo dunha gran carpa. Todo de acceso libre. Toda esta tralla nunha mesma noite!

A qué esperas? Vente a Goián a gozar do entroido, da boa música e dun ambiente incríbel! Tremendo guateque nos espera!

Kojoba & Kiwi Roots Band

Kiwi Roots, banda local do Baixo Miño, veñen ao Festival Taíña a debutar enriba dos escenarios.

Guiados polas voces de Carlota (Vilagarcía de Arousa) e a colaboración de KojoBa (Ghana), e respaldados pola mestura de sons analóxicos e dixitais dun grupo de amigos, móvense entre estilos derivados do reggae e o R&B.

Despois de tardes e noites de colegueo, birras e música no estudio por fin se presentan ante o público. Son os rookies desta edición e ademais xogan na casa, así que só existe unha opción: hai que ir velos!!


Boyanka Kostova

Pioneiros do trap en galego, impulsores do twerking rural, padriños do flow costumbrista do pobo!

Heredeiros de grandes mitos coma Os Resentidos e Siniestro Total, utilizan sen miramento os ritmos e sons urbáns para dar voz ao entorno rural. O trap descontextualizado, sen liñas vermellas, o glamour ás cuadras, unha verdadeira anomalía na escena. Uns portentos enriba do escenario.

Desde “Vella Canción Galega”, o seu primeiro traballo de 2018, a evolución técnica e musical non parou ata chegar a “Nova Canción Galega”. Entre medias, os singles “Camerino” e “D. Tristán”, novo himno da afición millennial do Deportivo.
“Apropiación cultural a tope”.


Sapoconcho sem poncho

O referente rosaleiro das after partys, o noso DJ de referencia, un clásico do noso festival e da parranda máis verbeneira! 

Membro dos colectivos Brigada Sound(GZ) e Chukchuy(GZ/ESP).

Sapoconcho SemPoncho é un viaxeiro musical que nos levará de ruta desde o máis profundo dos Andes ata o este de Europa, facendo paradas en mil e unha latitudes do mapa mediante os sons máis eclécticos.

Partindo da cumbia en todas as súas variantes, chegaremos á música balcánica máis frenética, cos bombos ben marcados da música africana ou poñendo as pernas a bailar con ritmos cariocas, dándolle un toque de ritmos xamaicanos, ou con ritmos do folclore galego chegaremos a un punto no que ninguén manterá os pes no chan nin un segundo máis!

BALKAN/CUMBIA/ELECTROFOLKLORE & TROPICAL BASS


Liska!

Liska! é unha banda con epicentro na cidade de Vigo, formada entre 2010 e 2011, cun ollar de optimismo posto no futuro. O ska, o punk e o reggae forman parte da filosofía da banda desde os seus inicios.
.
En 2013 graban o seu primeiro traballo “Sonhos de raiva”, o cal deixa ver a través dos seus temas un evidente compromiso social e nacional, e unha crítica ao sistema acompañada de certo ton intimista. Despois de varios cambios na formación, a finais de 2016 a banda ten pronto o seu segundo traballo “República 1.0”. Cunha ampla experiencia en directo, tocando en salas, centros sociais e festivais por toda a xeografía galega, en 2019 dan un paso á fronte e presentan o seu último álbum ata agora, “República 2.0”, o cal non deixará a ninguén indiferente neste 2020.


Jolof Warrior & The Green Hood Band

Jolof warrior aka Bakuba-I & The Green Hood Band son unha banda creada en Barcelona a finais de 2019. Interpretan o seu discurso artístico en forma de Reggae. A banda está formada por Jolof, dende Senegal, e por diversos músicos residentes en Barcelona.

En directo, The Green Hood Band interpreta o álbum debut de Jolof Warrior, "Different 4rom Dem", en formato analóxico. Ésta toma referencias de bandas coma Roots Radics ou Skatalites. TGHB leva consigo unha boa dose de groove ao estilo do reggae roots dos 90.

Lugar: Praza de Goián - Goián (Tomiño)
Utilizamos cookies

Utilizamos cookies no noso sitio web. Algunhas delas son esenciais para o funcionamento do sitio, mentres que outras axúdannos a mellorar este sitio e a experiencia do usuario (cookies de seguimento). Podes decidir por ti mesm@ se queres permitires o uso de cookies ou non. Ten en conta que, se as rexeitares, é posíbel que non poidas utilizar todas as funcións do sitio.