Axenda

A Gramola Gominola
domingo 01 marzo 2020, 12:00
Vistas : 196

Xa está aberto o prazo para inscribirse no concerto Bravas, de Gramola Gominola. Esta actividade, que forma parte da programación de Apego, desenvolverase na Fábrica o vindeiro domingo, 1 de marzo ás 12.00 horas.

Bravas é un concerto de auténtico Rock&Rol, no que se poñen en valor as Superheroínas que tratan de cambiar o mundo cos seus superpoderes. As súas protagonistas empregan os seus poderes para loitar contra o abuso escolar, defender a lingua, protexer a natureza e facer visible as emocións. Estas son as Bravas, mulleres que inspiran e dan luz ao mundo.
As persoas interesadas en acudir poden inscribirse a través do formulario habilitado. As persoas inscritas no Apego de Oleiros terán preferencia nos dous primeiros días de inscrición.
Lugar: A Fábrica - Oleiros
Utilizamos cookies

Utilizamos cookies no noso sitio web. Algunhas delas son esenciais para o funcionamento do sitio, mentres que outras axúdannos a mellorar este sitio e a experiencia do usuario (cookies de seguimento). Podes decidir por ti mesm@ se queres permitires o uso de cookies ou non. Ten en conta que, se as rexeitares, é posíbel que non poidas utilizar todas as funcións do sitio.