Axenda

MJ Pérez
quinta feira 16 xullo 2020, 20:00
Vistas : 173

MJ Pérez retoma en LUGO a xira de presentación do seu novo disco "A Luz Prendida".

Logo de ter que aplazar esta cita por mor da emerxencia sanitaria, chegou o momento de retomar a actividade musical e esta será a primeira parada da cantautora arzuá.

Será un concerto especial, no que MJ presenta o seu novo disco acompañada de toda a súa banda ao completo formada por: Laura Romero (baixo), Ailén Kendelman (percusión), Richi Casás (saxo), Maria Prado (trompeta), Paula López (trombón) e Iván Bernardez (guitarra).

O concerto será no exterior da CASA DO SABER, ás 20h, o xoves 16 de xullo. O público sentado no atrio da catedral e a banda actuando dende a terraza da Casa do Saber.

Situacións extraordinarias requiren medidas extraordinarias, é por iso que a mecánica do concerto será a seguinte:

As entradas estarán dispoñibles a partir do mércores na Oficina de Cultura da USC de 10:00h a 14:00h.
Podese solicitar ata 2 entradas por persoa, presentando DNIs das persoas que asistirán.

*En caso de CHOIVA:
O concerto será no interior da Casa do Saber, en dous pases de media hora entre as 19:30h e as 21:00h

Para máis información contactar con Lugo Cultural

Lugar: Casa do Saber - Lugo
Utilizamos cookies

Utilizamos cookies no noso sitio web. Algunhas delas son esenciais para o funcionamento do sitio, mentres que outras axúdannos a mellorar este sitio e a experiencia do usuario (cookies de seguimento). Podes decidir por ti mesm@ se queres permitires o uso de cookies ou non. Ten en conta que, se as rexeitares, é posíbel que non poidas utilizar todas as funcións do sitio.