Axenda

Ghaveta
domingo 19 xullo 2020, 12:30
Vistas : 233

AFORO LIMITADO

Prégase reservar previamente. Infórmate en Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo. ou 679 612 655.
Reservas ata o sábado 18 ás 19:00.

---

En 2015 publican o seu primeiro traballo discográfico que levará por nome Disque, sendo o reflexo material dos seus concertos, un traballo directo e sincero, no que a música tradicional xogará un papel protagonista.

Atoparanse temas recollidos en Mondariz, Arbo, Tordoia ou Solveira unidos en ocasións a composicións propias. Posteriormente e en colaboración coas Lagharteiras, daráselle forma a un novo modelo de concerto que se consolidará no Festival Folk La Voz de Galicia na Praza da Quintana.

Ghaveta presenta neste 2020 "​A raíz do Pensamento​" o novo de Beatriz Martínez (arpa), Diego Langarika (bouzouki e guitarra), Felipe Rodicio (violín) e Marta Martínez (voz, percusións y bouzouki). Un traballo moi persoal e coidado no que a música tradicional galega continúa a ser a gran protagonista sempre engalanada, con profundas armonías e ritmos. Contén temas tradicionais mantendo a liña de Disque, mais como novidade amplían fronteiras cara Portugal, con dous novos temas Entrudo e Moleirinha. Contarán nesta ocasión con grandes colaboracións...

https://youtu.be/v3KBhCsYz2c

Entrada: 5€
Bono anticipado para esta actuación e a de 'As Cantigas de Elena' (20:00): 10€

Lugar: Aturuxo Bar - Bueu
Utilizamos cookies

Utilizamos cookies no noso sitio web. Algunhas delas son esenciais para o funcionamento do sitio, mentres que outras axúdannos a mellorar este sitio e a experiencia do usuario (cookies de seguimento). Podes decidir por ti mesm@ se queres permitires o uso de cookies ou non. Ten en conta que, se as rexeitares, é posíbel que non poidas utilizar todas as funcións do sitio.