Home Axenda
Events Calendar help
Dous
Sunday, 04 October 2020, 13:00
Hits : 42

Queridos socios e socias!

Decidimos reiniciar a actividade da nosa Asociación Cultural, despois de proceder a unha limpeza a fondo do noso local, retirar mesas e colocar sillas coas debidas distancias de seguridade. Durante os eventos as ventanas permanecerán abertas para facilitr a ventilación.

Celebraremos a primeira xuntanza post-covid de socios o próximo domingo día 4 as 13 horas, na que aproveitaremos para escoitar aos nosos compañeiros Fernando Abreu -clarinete e voz- e Pablo Carrera -guitarra-, quen conforman DOUS

O aforo máximo permitido son 22 persoas e a colaboración son 15 € o que inclúe o concerto, unha tapa de callos (alternativa garbanzos vexetarianos) e unha bebida. Prégase que todos traiades o diñeiro preparado sen precisar cambio. Si confirmas asistencia envíanos nome e DNI para confeccionar a acta de reunión de soci@s

Nesta nova andaina realizaremos obradoiros para 10-12 persoas así que se estades interesados en propoñer algún en concreto, escoitaremos con gusto as vosas propostas.

Non sabemos se seremos capaces de afrontar os gastos anuais do local, así que vos recordamos que podedes utilizar as instalacións para celebrar encontros ou xantares, a cambio de colaborar monetariamente coa Asociación (recordamosvos que non temos cotas periódicas e que nos financiamos con cada un dos actos que programamos).

Sen máis, un saúdo

Location : Rúa Menéndez Pelayo 36, Soto 1 - Vigo

Back

Vindeiros Concertos:

Xov Nov 26 @12:00 - - A Pedreira - Facebook do Museo Provincial do Mar
Ven Nov 27 @20:30 - - Zënzar - Centro Cívico - Arteixo
Sab Nov 28 @17:00 - - Pakolas - Edificio Multiusos - Frades
Sab Nov 28 @18:30 - - Final XII Concurso Fran Pérez "Narf" - Yotube da Deputación da Coruña
Sab Nov 28 @20:30 - - Cantar e Contar - Eurostars Pazo de Sober - Sober
Sab Nov 28 @20:30 - - Os Amigos dos Músicos - Hotel Eurostars Pazo de Sober - Sober
Dom Dec 06 @12:30 - - Carapaus - Canle de Youtube de Carapaus e web d´A Ponte dos Concertos
Xov Dec 10 - Mercedes Máis Eu - Teatro Alhambra - Granada (España)
Ven Dec 11 @19:00 - - Sabela King & The Heartbreakers + Ukestra do Medio - Teatro Principal - Santiago de Compostela
Sab Dec 19 @18:00 - - Zënzar + Os Residuos Atractivas - Sala Rebullón - O Rebullón, Tameiga (Mos)
Sab Dec 26 @18:00 - - Lestrato Fest - Sala Rebullón - O Rebullón, Tameiga (Mos)
Mer Dec 30 @18:00 - - Los Jinetes del Trópico - Sala Rebullón - O Rebullón, Tameiga (Mos)

Atención! Este sitio usa cookies e tecnoloxías similares.

Facendo click en aceptar, estás dacordo co seu emprego

Acepto