Axenda

Seivane Centenario
sábado 12 xuño 2021, 18:30
Vistas : 117

Énchenos de alegría anunciarvos o primeiro acto da celebración do centenario do nacemento do noso patriarca. Será en Cambre, no Parque da Igrexa, ao aire libre, o sábado 12 de xuño, ás 18:30h. Porque hai persoas que nunca deberan irse. Ese día celebraremos a súa vida. Xosé Manuel Seivane Rivas (Fonmiñá, A Pastoriza, Lugo, 1921 – Cambre, A Coruña, 2012) Construíu a súa primeira gaita en 1939, nun pequeno taller deste recuncho da comarca da Terra Chá, creando así o primeiro selo “Seivane”. A súa actividade no taller da Ribeira de Piquin, Lugo, converteuno nunha lenda en vida. Este ano cumpriría 100 anos. Vai ser un día moi bonito. O aforo é limitado no teatro para estar sentados, pero como é ao aire libre, poderáse ver de pé dende a Horta do Cura. Así que vos convidamos a todos a acompañarnos, serán dúas horas de programación. Na primeira hora haberá unha conferencia/mesa redonda sobre a súa figura titulada "Seivane no mundo da gaita" a cargo do profesor da UDC e escritor da súa biografía, Xosé Manuel Sánchez Rei. E na segunda hora, a partir das 19:30h, haberá recitáis musicais, participarán Susana Seivane, Daniel Bellón, Pedro Lamas, Carlos Freire, Saínza Seivane, os nenos da familia Seivane, e o Grupo Tradicional Sementeira Cambre. O acto será presentado por Xurxo Souto. E gravado pola TV publica alemana NDR , Programa "Mare". Que máis se pode pedir!? Que veñades!

Lugar: Parque da Igrexa - Cambre
Utilizamos cookies

Utilizamos cookies no noso sitio web. Algunhas delas son esenciais para o funcionamento do sitio, mentres que outras axúdannos a mellorar este sitio e a experiencia do usuario (cookies de seguimento). Podes decidir por ti mesm@ se queres permitires o uso de cookies ou non. Ten en conta que, se as rexeitares, é posíbel que non poidas utilizar todas as funcións do sitio.