From Saturday, 28 November 2020 To Sunday, 29 November 2020
Hits : 67
En caso de emerxencia, cultura. Libros, música, escena, arte contemporánea, cinema, espectáculos infantís, obradoiros, ciencia, profesional.
Desde Pontevedra, tres canles para retransmitir o que acontece no escenario(Escena, Foro, Libro) os días 28 e 29 de novembro e, tamén fóra del, e un equipo de realización que suma vinte persoas ao staff da Culturgal.
Chegar ás casas durante a última fin de semana de novembro é a meta que se propón o evento nesta edición da pandemia. Agás a sala de cinema, toda a programación será accesible desde a casa en cultur.gal. De calquera xeito, se queres participar presencialmente nalgunha das actividades e tendo en conta os aforos permitidos, podes retirar o teu convite en cultur.gal até completar capacidade.
Séguenos nas redes para coñecer as novidades, a programación, a venda de entradas e os protocolos da Feira.
Culturgal está promovida por cinco asociacións do sector: Asociación Galega de Editoras, Agapi, Escena Galega e Eganet. A Feira conta co apoio e complicidade da Xunta de Galicia, do concello de Pontevedra, da Deputación de Pontevedra e do Ministerio de Cultura e Deporte.
Culturgal é un dispositivo ao servizo do sector cultural e da sociedade, en xeral. “En caso de emerxencia, cultura". Máis que nunca. Agardámoste