Axenda

Festas de Santa Marta
From sexta feira 30 xullo 2021
To domingo 01 agosto 2021
Vistas : 176

O venres 30 de xullo celebrarase Santa Marta Pequena, unha xornada na que as protagonistas serán as pequenas da casa. Ademais da animación de rúa a cargo de Discocleta desde as 17.30h, actuarán Festivaliño (entre as 17 e as 19.30h), Pakolas co seu show “Cores, contos e rock&roll con Ramona Órbita” ás 19.00h, e Mamá Cabra & Bellón Maceiras pechando a xornada a partir das 20.30h co espectáculo “A música das Buguinas”.

O sábado será o día do teatro e da música. Ás 18.30h representarase a obra teatral “Ghop!”, de Teatro ó Cubo, e ao remate comezarán a soar os primeiros acordes. As bandas locais Termita (19.30h) e Virginia Red (20.45h) precederán o concerto de A Banda da Loba, que terá lugar ás 22.00h.

A tarde do domingo estará protagonizada pola poesía e a música no marco da Troula da Verba, un evento que combinará actuacións en vivo de artistas como Hilda Rock e Diego Rodríguez, cos recitais de Paula Antía Rey, Tania Yáñez, Marcos Filgueiras, Uxía Sánchez e Lúa Vila, ademais da presentación das revistas Mazarelos e Domingo das Mozas, e dos libros Namoradeiras entre a pel (Tania Yáñez) e Santo Amaro (Antonio M. Fraga).

Lugar: Festas de Santa Marta - Cabanas
Utilizamos cookies

Utilizamos cookies no noso sitio web. Algunhas delas son esenciais para o funcionamento do sitio, mentres que outras axúdannos a mellorar este sitio e a experiencia do usuario (cookies de seguimento). Podes decidir por ti mesm@ se queres permitires o uso de cookies ou non. Ten en conta que, se as rexeitares, é posíbel que non poidas utilizar todas as funcións do sitio.