Axenda

Monoulious DOP
sexta feira 27 agosto 2021, 20:00 - 00:00
Vistas : 210
Fai calor eh!!! Máis calor ides pasar o Venres. A próxima parada en formato acústico vai ser no chiringuito do petón. Para nós é un concerto super especial polo bó rollo e ambiente que sempre hai en Esteiro.
Se a última vez, no medio do concerto, fixemos un espectáculo de maxia de dubidosa calidade, esta vez, vós ides a ser os protas na metade do concerto porque imos a organizar o primeiro e último CONCURSO DE CHISTES MDOP BEACH NICE FESTIVAL OPEN AIR!!
Asi que se queres participar só terás que vir de público, traer o teu mellor chiste e cando chegue o momento ímonos a botar unhas boas risas e a partir ben o nalgazo.
O gañador/a decidirase por risas e aplausos populares e gañará unha consumición "al gusto" en un vaso premium plus reutilizable, fabricado en material PC ou tritan transparente e irrompible. totalmente ecolóxico e 100% reciclable.
Vaste perder este fiestón? Cantaditas pein e chistes baratos e algunha que outra sorpresa, que máis se pode pedir??? Venres 27 ás 20h no Chiringuito do petón en Esteiro (Muros)
PD: Trede roupa de abrigo por se refresca porque temos para rato.

Lugar: Chiringuito do Petón - Esteiro (Muros)
Utilizamos cookies

Utilizamos cookies no noso sitio web. Algunhas delas son esenciais para o funcionamento do sitio, mentres que outras axúdannos a mellorar este sitio e a experiencia do usuario (cookies de seguimento). Podes decidir por ti mesm@ se queres permitires o uso de cookies ou non. Ten en conta que, se as rexeitares, é posíbel que non poidas utilizar todas as funcións do sitio.